O voceiro municipal socialista de Santiago,Paco Reyes, asegurou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi que a responsabilidade dos malos resultados do seu partido nas pasadas elección sao parlamento galego non son dunha persoa ou un equipo senón de toda a formación. Preguntado pola necesidade ou non de mudanzas inmediatas, Reyes afirmou que primeiro hai que facer unha diagnose para logo tomar medidas.