Os datos que arroxa a EPA do segundo trimestre en relación ao número de desenpregados en Compostela non son positivos segundo denunciou hoxe o voceiro municipal socialista. O edil explicou en rolda de prensa que son a evidencia do fracaso da reforma laboral do PP e criticou tamén que Compostela Aberta os considerara positivos.
“O fenómeno dos falsos autónomos non deixa de ser precariedade laboral”
Paco Reyes sinalou que estes datos, ademais, agochan outros problemas como o da precariedade e a existencia de falsos autónomos.
.@pacoreyesstgo: "Non baixa o número de parados, baixa o número de persoas rexistradas no paro" https://t.co/fgkpDXXLFX pic.twitter.com/V4jtXAxGmm
— Nós Televisión (@NosTelevision) 7 de agosto de 2017
Reyes calificou como “boa nova” os 1,5 millóns recibidos de Europa para o Plan de Emprego Xuvenil, aínda que lembrou que todas as cidades galegas e mesmo tres diputacións tamén recibiron fondos, e con partidas moi similares. A este respecto, o voceiro solicitou información ao goberno municipal sobre os proxectos que se realizarán con estes fondos e sinalou que, no caso dos cursos de formación, o importante non son o número de persoas participantes se non as que atopan traballo ao remate dos mesmos.
https://nostelevision.gal/o-plan-de-emprego-xuvenil-de-santiago-contara-con-15-millons-de-euros-de-fondos-europeos/