Home Programas Área Compostela Paco Reyes denuncia o peche de 140 camas na área sanitaria compostelá durante este verán

Paco Reyes denuncia o peche de 140 camas na área sanitaria compostelá durante este verán

0
Paco Reyes denuncia o peche de 140 camas na área sanitaria compostelá durante este verán

A situación da sanidade pública en Compostela preocupa ao PsdeG-PSOE de Santiago. O voceiro socialista, Paco Reyes, denunciou esta mañá en rolda de prensa o peche de 140 camas na área sanitaria durante este verán, 42 delas -as do Gil Casares, de Medicina Interna e Dermatoloxía- “sine die”. Reyes asegurou que con esta medida o SERGAS mentiu o ano pasado.

Paco Reyes, voceiro do PSdeG-PSOE en Compostela: “A Consellería de Sanidade leva mentindo os últimos anos”

“é evidente que mentían cando afirmaban que se pechaba ese número de camas porque nos meses de verán baixaban as necesidades de ingreso e, ademais, existía unha incapacidade na contratación de persoal”

Para o voceiro socialista é un erro a decisión do SERGAS. Segundo Paco Reyes a Xunta podería reducir a listaxe de agarda se decidira non prescindir de camas este verán.

O voceiro socialista de Santiago instou ademais á consellería a mellorar as condicións de facultativos e enfermeiros nas contratacións que vén realizando para a cobertura do servizo nestas datas.