A 7ª edición do concurso de micro-relatos OZOCOgz xa está aberta. Este ano a temática escollida é a muller a través do feminino. As persoas interesadas en participar deben ter cumpridos os 16 anos e enviar un relato inédito en lingua galega (que non supere as 140 palabras) por mensaxe de facebook ou correo electrónico antes do 30 de abril.
Este ano o xurado de honra está formado polas escritoras Ana Cabaleiro, Cruz Martínez, Tamara Andrés e Lucía Rodríguez, gañadora da anterior edición do concurso.
Como noutras edicións colaboran o Aparthotel Arenteiro co obsequio do 1º premio, a Deputación de Ourense co obsequio do lote de libros e as librarías que completan o xurado do concurso: Escolma, do Carballiño; Miranda, de Bueu; Andel, de Vigo; e Pedreira, de Compostela.