Home Programas Espazo Aberto Os venres negros da CRTVG acadan as 80 semanas

Os venres negros da CRTVG acadan as 80 semanas

0
Os venres negros da CRTVG acadan as 80 semanas

A cor negra volve tinguir un venres na CRTVG. Cúmprense 80 venres negros de protestas das traballadoras e traballadores dos medios de comunicación públicos que esixen unha cobertura informativa de calidade e digna das galegas. Este 80 aniversario chega da man doutras dúas datas importantes. Por un lado, mañá cumpriranse nove anos do peche de tres delegacións da CRTVG, a de Pontevedra, Ferrol e A Mariña, que se erixiu como un paso determinante cara o desmantelamento do medio. Por outro lado, Defende a Galega organiza un debate que se celebrará este 3 de decembro ás 19.15 horas no Museo das Peregrinacións e que contará coa participación dos grupos parlamentarios. O obxeto a debater: “Medios públicos e calidade democrática”.