O Instituto Xelmírez I posúe na súa biblioteca un patrimonio bibliográfico único, en parte herdado do antigo Instituto de Segundo Ensino de Santiago.
A exposición “A pegada do coñecemento” exhibe na Casa do Cabido as principais pezas dunha colección que, malia o seu evidente desgaste polo paso do tempo, mantén intacta a súa esencia orixinal grazas á restauración levada a cabo por Barca Cereijo e César García Camporro.
O proceso de restauración das obras está aínda en marcha
Esta iniciativa é froito de máis de dous anos de traballo que, segundo o director do instituto, Manuel Portas, permite “dignificar” o ensino público compostelán, xa que foron moitas as xeracións de mestres e mestras que “dedicaron o seu esforzo para manter este legado”.
Ata Xullo
Esta mostra permanecerá exposta até o mes de xullo, e poderá visitarse de martes a sábado en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 e, os domingos, de 11.00 a 14.00 horas.