Os sindicatos estudantís Erguer e Acción Universataria rexeitan centralizar as probas da selectividade, tal e como propuña o presidente de Novas Xeracións esta semana. “Non se trata de quen ten o exame máis difícil senón de cal é o modelo que mellor se axusta ás circunstancias de todo o alumnado”, explica Sandra Gigirey, de Acción Universitaria. Dende Erguer continúan por esta liña e Miguel Salgado cóntanos que “os estudantes vivimos nun entorno social e cultural e este ten que ser avaliable.”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

En canto ao proxecto de Abanca de crear a primeira universidade privada en Galicia, Sandra Gigirey di que esta idea está baseada “nunha lóxica de privatizacións que foi medrando nos últimos anos”. Pola súa parte, Miguel Salgado explica que o que se persegue é dividir aos estudantes por clase social: “xente con cartos e xente de a pé que ten que esforzarse moito máis, e o que se consegue é un sistema de competición”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -