As centrais sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT denuncian nun comunicado que o brote hídrico de gastroenterite que se produce dende o 26 de setembro en Corme, que afectou a deceas de veciños da localidade, con vómitos e diarreas, foi “xestionado incorrectamente” polos responsables da Consellería de Sanidade.

“Denunciamos que non se adoptaran de xeito inmediato as medidas necesarias para o seu control, nin se recollesen as mostras de auga durante eses días para evaluar a súa orixe, a súa incidencia e a súa evolución. Tamén resulta insólito que a Consellería de Sanidade agarde ata o luns 23 de setembro para activar a alerta sanitaria, e enviar aos inspectores farmacéuticosde saúde pública a inspeccionar e evaluar o incidente, así como a determinar a sua gravidade e a instaurar as medidas correctoras necesarias para o seu control sanitario, e protección da poboación. Unha vez mais, e xa van moitas, a Consellería de Sanidade, é incapaz de dar unha resposta en tempo e forma a este tipo de alertas sanitarias, por negarse sistemáticamente a negociar coas organización sindicais un sistema de gardas para que os Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública poidan actuar neste tipo de emerxencias tódolos días do ano”, sinalan.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Deste xeito, CIG, CCOO, CSIF e UGT emprazan a Consellería de Sanidade a convocar inmediatamente unha  comisión de seguimiento do acordo de dispoñibilidade horaria, asinado o 23 de novembro de 2016, que permite abordar o problema da falta dun sistema de alertas sanitarias.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -