Última hora da #FolgaXustiza
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) April 27, 2018
Resultado das votacións dos traballadores/as : rexeitan o pre-acordo coa @Xunta aceptado por CCOO, UXT, CSIF e USO pic.twitter.com/vYtBzeWg8U
Tralo preacordo alcanzado entre a Xunta de Galicia e USO, UGT, CCOO e CSIF, o conxunto das e dos traballadores do sector dan unha nova volta de cara á continuidade da folga ao rexeitar a proposta da Xunta; tal e como defendían os sindicatos restantes (CIG, CUT e STAJ).
O 52,8 por cento das traballadoras e traballadores votan contra a proposta da Xunta e a prol de continuar a folga. da xustiza. Deste xeito, o conflito entre a Xunta e os traballadores e traballadoras do sector administrativo da Xustiza semella estar lonxe de atopar unha solución nas vindeiras datas. Así é, a mobilización non cesará a curto prazo se o vicepresidente e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, “non cede”