Home Programas Espazo Aberto Os resultados electorais marcan os discursos sindicais deste 1º de maio

Os resultados electorais marcan os discursos sindicais deste 1º de maio

0
Os resultados electorais marcan os discursos sindicais deste 1º de maio

A resaca electoral do pasado 28 de abril alcanza as mobilizacións deste 1º de maio. En Galicia, consolídanse dous discursos diferenciados. Por un lado, tanto a Unión Xeral de Traballadores/as como Comisións Obreiras consideran que é o momento de presionar ao goberno central que, segundo os resultados dos comicios, pasará a estar ocupado polo PSOE con Pedro Sánchez á cabeza. Piden a recuperación total dos dereitos e “políticas centradas nas persoas”.

Noutra banda, a Confederación Intersindical Galega aposta por centrar máis a mirada nas mobilizacións que enchan as rúas galegas. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, di que o o sindicalismo “debe ser máis de combate que nunca”.

Xa no sindicalismo alternativo, a Central Unitaria de Traballadoras articula o seu discurso dende o empoderamento da clase obreira galega. Así o explicaba a responsable de Comunicación da CUT, Raquel Lema.

As catro centrais sindicais chaman a mobilizarse neste 1º de maio nas diversas manifestacións en vilas e cidades de Galicia.