A eurodeputada @LidiaSenra solicitou unha investigación sobre os residuos perigosos da antiga mina de Touro https://t.co/DpJ2ZCOrsK pic.twitter.com/DqS7TRWuQc
— Nós Televisión (@NosTelevision) October 24, 2017
A eurodeputada Lídia Senra, membro do GUE/NGL trasladou no Pleno do Parlamento Europeo de onte os temores da veciñanza de Touro e O Pino con respecto a que se poderían estar vertendo residuos tóxicos chegados de diferentes partes de Galiza sen tratar nas balsas e escombreiras da antiga mina de cobre.
Hai que parar esta mina e tamén os gravísimos vertidos de residuos tóxicos que se están facendo de tapadillo nas escombreiras e terreos da antiga
A propia Lídia Senra visitara recentemente a zona afectada pola antiga mina e tamén a aquelas que están en risco pola posible volta da megaminería a ceo aberto á comarca.
Gracias Lidia, por acompañarnos hoxe a visitar as zonas que seguen gravemente afectadas pola antiga mina, e aquelas que están en risco pola posible volta da megaminería a ceo aberto. Non á mina!
Publicada por Mina Touro – O Pino NON en Sábado, 21 de octubre de 2017