Home Programas Área Compostela Os residuos de ENCE poderían acaban na planta de residuos que Toysal quere instalar en Teo

Os residuos de ENCE poderían acaban na planta de residuos que Toysal quere instalar en Teo

0
Os residuos de ENCE poderían acaban na planta de residuos que Toysal quere instalar en Teo

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos denuncia que ENCE pode ser o principal productor de lodos residuais industriais que poderían acabar na Planta de residuos que Toysal quere xestionar na Casalonga (Teo).

A empresa Toysal busca unha saída á pranta que ten na actualidade no Parque Empresarial de As Somozas e que leva xa máis de seis anos “compretamente ao límite”. Por iso buscan novos espazos para instalar un novo vertedoiro.

As industrias coas que traballa Toysal son diversas e de todos os sectores, pero os residuos que chegarían á Casalonga serían do sector conserveiro, depuradoras municipais, sector da alimentación, químicas, fosas sépticas, sector automoción e o sector presuntamente máis importante para Toysal, a fabricación e transformación da pasta de papel. Xa que logo, tal e como denuncian desde a Plataforma de Afectadas, ENCE pode ser o principal productor de lodos residuais industriais que xestiona Toysal.

Unha extensión equivalente a uns 14 campos de fútbol. Hai poucas semanas que comezaron as mobilizacións en Teo contra a instalación dunha nova pranta de residuos na contorna de Compostela. Todos os grupos municipais dos concellos de Teo, Ames, Brión, Rois e Padrón manifestaron o seu rechazo a este proxecto. Varios milleiros de persoas participaron na primeira andaina reivindicativa contra a instalación da pranta de residuos proxectada pola empresa Toysal nas inmediacións do monte Casalonga