Home Programas Espazo Aberto Os principais datos do próximo Xacobeo: Compostela multiplicará por cen a súa poboación no 2021

Os principais datos do próximo Xacobeo: Compostela multiplicará por cen a súa poboación no 2021

0
Os principais datos do próximo Xacobeo: Compostela multiplicará por cen a súa poboación no 2021

A cidade de Compostela recibirá dez millóns de visitantes no 2021, segundo prevén a Xunta e o Concello de Santiago que presentaban este venres o Plan Estratéxico de cara ao Xacobeo 2021. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, ve nos tres Xacobeos que se celebrarán nos próximos 11 anos “un reto e oportunidade que non debemos perder”.

A Xunta prevé destinar máis de 270 millóns de euros na programación do Xacobeo 2021. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, considera que esta inversión non afondará na centralización no destino dos recursos públicos en determinadas urbes, e especialmente na capital, senón que sostén que incluso favorecerá a “descentralización e a participación dos axentes culturais”.

A relixión tivo un peso importante neste acto de presentación do Plan Estratéxico de cara ao Xacobeo 2021. O deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez López, advertíu da existencia dun “risco”, o de “tapar a dimensión relixiosa” desta data.