A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación de Escritores e Escritoras da Lingua Galega (AELG) alzáronse este luns en reivindicación do alongamento da homenaxe de Ricardo Carvalho Calero ao 2021. O curso académico non se retomará con normalidade, librarías e bibliotecas permanecen fechadas, a actividade do asociacionismo cultural está paralisadao cal afecta directamente ao amplo abano de actividades, homenaxes e recoñecementos ao autor homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2020. “Estamos diante unha situación excepcional que obriga a decisións excepcionais”, afirma o presidente da Mesa, Marcos Maceira, na carta remitida esta mañá a Vítor Freixanes, presidente da Real Academia.
Na carta enviada por parte da AELG á Real Academia Galega indican que “sería unha inxustiza histórica que o autor homenaxeado non poida ser achegado á sociedade e aos seus escolares como todo autor e autora mereceron no pasado, dentro dunha maior normalidade social e cultural”. Nos últimos días, a federación de asociacións culturais Galiza Cultura tamén se sumaba á petición do prolongamento do Ano Carvalho Calero. Outro dos colectivos defensores do prolongamento da homenaxe ao autor ferrolá é a Associaçom Galega da Língua (AGAL) que colocan o foco na necesidade de socializar, especialmente no ámbito educativo, a figura do autor.