Os Premios Manuel Beiras manteñen as bases doutros anos. Convócanse en dúas categorías: empresas que teñan un uso continuado da lingua galega e empresas que se incorporaran recentemente ao seu uso. Ademais unha persoa ou entidade que destacara pola súa contribución á normalización da lingua no mundo empresarial podería levar un galardón especial.
Un galardón con traxectoria
Na presentación desta edición dos premios participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o membro da Cámara de Comercio, Xavier Freire. Para o alcalde os comercios dan “un plus de proximidade” á nosa lingua polo que defendeu a traxectoria deste galardón. Polo seu lado Xavier Freire salientou que “sendo Compostela a capital de Galiza” con máis razón defender o noso idioma, “algo vital no comercio”.
Para dar a coñecer os Premios Manuel Beiras comezou unha campaña de promoción que ten como obxectivo dar a difundir os galardóns e animar a presentación de candidaturas. Comercios e rúas da cidade apareceron estes días con vinilos no chan e carteis nos comercios animando a usar a nosa lingua e difundindo a web da campaña: traballamosengalego.gal