A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi o novo portal de orzamentos do Concello, que leva por nome Orzamento Aberto. O novo portal ofrece o estado do orzamento municipal e actualizarase cada tres meses, amosando o estado de execución do orzamento.
A este portal dixital pódese acceder a través da dirección orzamentoaberto.santiagodecompostela.gal
Trátase dun portal feito en open data que procura, segundo afirmou a edil, que o concello sexa máis transparente.