“Os orzamentos do Estado son antisociais”

A vicevoceira parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, critica que o Goberno central destine 1.000 millóns de euros para as pensións e o dobre para rescatar as radiais madrileñas

A proposta orzamentaria do Partido Popular de Mariano Rajoy é unha “burla” para a sociedade española. Así de contundente se expresa Olalla Rodil, vicevoceira do BNG no Parlamento galego, quen critica que o Estado vaia destinar 2.000 millóns de euros para o rescate das estradas radiais madrileñas e “só a metade”, 1.000 millóns, para subir as pensións. Deste xeito, as retribucións incrementaranse entre un 1% e un 3%, o que na práctica suporá entre 7 e 11 euros máis cada mes.

A prioridade do PP é rescatar á banca e ás grandes construtoras

Para o BNG, estes orzamentos presentados polo Ministerio de Facenda “non garanten” a viabilidade a longo prazo do sistema público de pensións, e evidencia, segundo Olalla Rodil, que a prioridade do PP e “rescatar á banca e ás grandes construtoras e non aos pensionistas”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Proposta do BNG para subir as pensións

Este luns, a líder do Bloque, Ana Pontón, anunciaba que a súa formación volverá propor no Parlamento que a Xunta destine 40 millóns de euros —dos máis de 9.000 millóns que compoñen o orzamento actual— para aumentar as pensións non contributivas en 100 euros, unha iniciativa freada a pasada semana polo voto en contra do PP pola “falta de vontade política” do Goberno de Feijóo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -