O alcalde de Compostela, Martiño Noriega, asegurou hoxe nun encontro informal cos medios de comunicación da cidade que os orzamentos de Santiago para o 2017 poderían estar para o mes de xaneiro.
Martiño Noriega informou das diferentes reunións que se están a ter neste sentido e dos puntos de acordo con algunhas formacións representadas en Raxoi, nomeadamente co BNG mais tamén co PSOE.
Martiño valora a situación actual no Concello de Pontevedra
.@martinhonoriega agarda que en debate dos orzamentos en Pontevedra remate cun entendemento entre o BNG e a Marea https://t.co/kqKns0g3Gj pic.twitter.com/5tcWVzrd7c
— Nós Televisión (@NosTelevision) 20 decembro 2016
Preguntado polos medios sobre a situación actual no Concello de Pontevedra na que se someterá en Pleno a voto os orzamentos desa cidade, e que o alcalde pontevedrés relacionou cunha moción de confianza, Martiño Noriega recoñeceu que podería ter consecuencias noutros acordos municipais.
O Goberno local de Santiago iniciou o proceso para elaborar unha proposta orzamentaria de cara ao exercicio de 2017 no mes de outubro. A concelleira María Rozas sinalara, daquela, que o Goberno municipal tiña intención de que os grupos da oposición participasen, tomando como socios preferentes ao BNG e ao PSOE.