Home Programas Área Compostela Os orzamentos do 2018 increméntanse nun 7% cunha forte aposta polas políticas sociais

Os orzamentos do 2018 increméntanse nun 7% cunha forte aposta polas políticas sociais

2
Os orzamentos do 2018 increméntanse nun 7% cunha forte aposta polas políticas sociais

Compostela contará co seu orzamento máis elevado dende o ano 2009. O goberno liderado por Martiño Noriega incrementa nun 7% as contas do 2017, acadando os 110 millóns de euros. Trátase duns orzamentos expansivos, que teñen como piares unha fonda captación de fondos e o aumento en tódolos capítulos de gasto excepto no tocante ó pago de débedas bancarias, que diminúe nun 26%.

son uns orzamentos expansivos

a boa saúde económica e do esforzo realizado nos anos permiten ter unhas contas saldadas

Un dos aspectos fundamentais que define as contas deste ano é a marcada aposta polo gasto social e a inclusión da cidadanía. Este ano, a partida destinada ós orzamentos participativos sitúase preto do millón e medio de euros. Por outra banda, a corporación municipal investirá cinco millóns de euros en materia de políticas sociais.

Agardan o apoio de BNG e PSdeG

A corporación municipal convocará nas vindeiras semanas un pleno extraordinario para debater a aprobación destes orzamentos, que son froito do consenso entre o goberno, o PSdeG e o BNG após dous meses de intensas negociacións. Deste xeito, Compostela Aberta confía na aprobación dos mesmos grazas ó voto favorable ou á abstención de ambas forzas de esquerda.