Os recentes convenios asinados polo Concello de Santiago destinan máis de 260.000 euros a sete entidades sociais de Compostela. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asinou esta mañá o lote de convenios con representantes destas mesmas entidades.
O anuncio desta semana súmase ao realizado o pasado 14 de xuño de máis de 35.000 euros para outras entidades do ámbito social.
As cantidades achegadas son:
-
3.000 euros para Aspanaes
-
15.000 euros para o Colexio de Psicoloxía
-
45.000 euros para o Proxecto Home
-
23.000 euros para a Fundación Secretariado Xitano
-
60.000 para a Cociña económica
-
60.000 euros para o Albergue Xoán XXIII
-
60.000 euros para Feafes
María Rosa Álvarez, do Colexio de Psicoloxía:, deu conta do convenio que veñen de asinar e que dará cobertura a un programa de intervención psicolóxica en casos de desafiuzamento e que está integrado nun protocolo de actuación conxunta entre os concellos de Santiago, Teo e Ames.
- Máis información: Santiago, Teo e Ames unidos nun protocolo ante os desafiuzamentos
María Rosa Álvarez, do @copgalicia, deu conta do convenio para un programa de intervención psicolóxica en casos de desafiuzamento pic.twitter.com/fbYN4g8g7h
— Nós Televisión (@NosTelevision) 20 de junio de 2017
FEAFES traballa cun colectivo de cerca de 200 persoas en Compostela
Pola súa banda, FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Personas con Enfermidade Mental de Galicia) indicou que o convenio asinado facilitará o desenvolvemento do seu programa de pisos de saída e que servirá para axudar a persoas sen fogar e en grave risco de exclusión como consecuencia da enfermidade mental que padecen. Na rolda de prensa, o representante da Federación explicou a situación coa que se está traballando en Compostela.
.@FEAFESGalicia traballa cun colectivo de cerca de 200 persoas en situación de exclusión social en Compostela https://t.co/ovf1RGmrtF pic.twitter.com/SiHY0XTkFO
— Nós Televisión (@NosTelevision) 20 de junio de 2017