A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago foi recibida este luns no Concello de Santiago, onde dous dos seus representantes, Ernesto Gómez e Víctor López, mantiveron un encontro co alcalde da cidade, Martiño Noriega. Trátase dunha entidade da que forman parte máis de 80 concellos que atravesa o Camiño Francés.
O obxectivo desta organización e “traballar conxuntamente” para mellorar a acollida aos peregrinos, tanto na súa chegada a Compostela como ao longo do millar de quilómetros que compón o Camiño Francés. Noriega salientou que se trata dunha iniciativa “local e dinámica” que pon o foco sobre as cuestións que máis afectan aos concellos.
A Asociación
A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago constituíuse en 2015 con 20 concellos membros. O ano pasado, Santiago acolleu a súa terceira asemblea xeral, xa con 81 municipios asociados do total de 125 localidades polas que discorre o Camiño Francés. O obxectivo da Asociación é chegar aos 90 socios na III Asemblea Xeral, que se celebrar o 9 de novembro na localidade navarra de Estella-Lizarra.