Home Programas Espazo Aberto Os grupos ecoloxistas fican excluídos da “Comisión dos Lumes”

Os grupos ecoloxistas fican excluídos da “Comisión dos Lumes”

0
Os grupos ecoloxistas fican excluídos da “Comisión dos Lumes”

O Partido Popular exclúe da Comisión dos Lumes tanto a sindicatos agrarios coma a asociacións ecoloxistas. Esta decisión unilateral deixa fóra do grupo de estudo e análise a colectivos como Adega —Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza—. O seu secretario executivo, Fins Eirexas, critica que na comisión participen empresas coma ENCE mentres non se conta co punto de vista das defensoras e defensores dos montes galegos.

O PP nin quere xente no monte nin quere testemuñas do que alí pasa

Unha ILP en defensa do monte galego

Contra as políticas forestais do PP que “fomentan o abandono do monte”, Adega defende a creación dunha ILP para a defensa do bosque autóctono e a loita contra os incendios que, entre outras medidas, poña fin á “eucaliptización” de Galicia.

É evidente que precisamos unha nova política forestal

O colectivo ecoloxista comezou o pasado mes de decembro unha campaña de recollida de sinaturas coa que espera “concienciar” a toda a poboación da importancia de levar ante o Parlamento este proxecto de lei.

Esta é a primeira vez que os colectivos ecoloxistas son excluídos dunha comisión de investigación de lumes, xa que asociacións coma Adega foran piares fundamentais nas análises executadas en 1989 e 2006.

Unha comisión sen consenso

A Comisión dos Lumes creada polo Partido Popular continúa a sementar críticas. As recentes críticas dos grupos ecoloxistas, nomeadamente ADEGA, hai que sumar tamén ás dúbidas expresadas por parte de En Marea sobre a utilidade desta comisión

Villares considera “insuficiente” a comisión de estudo dos incendios ao non incluír unha “alternativa para o territorio”