Home Programas Área Compostela Os grupos da oposición responsabilizan a Compostela Aberta e as súas “présas municipalizadoras” da sentenza pola ORA

Os grupos da oposición responsabilizan a Compostela Aberta e as súas “présas municipalizadoras” da sentenza pola ORA

0
Os grupos da oposición responsabilizan a Compostela Aberta e as súas “présas municipalizadoras” da sentenza pola ORA

A visión dos tres grupos da oposición sobre a chamativa sentenza pola adxudicación irregular do contrato de xestión da ORA e do Guindastre do ano 2012 é practicamente idéntica. Tanto BNG como PSdeG e o PP amosaron na mañá de hoxe unha liña discursiva similar para cargar contra o goberno de Compostela Aberta e responsabilizalo “en exclusiva” da sentenza. Os tres grupos acusaron a Compostela Aberta de intentar derivar a responsablidade sobre outros con “falsidades”

Rubén Cela considerou unha “mala noticia” a indemnización de 620.000 euros a Doal derivada da “mala praxe de Compostela Aberta” por non executar unha sentenza de 2015. Pola súa banda, o voceiro do grupo socialista, Paco Reyes, resaltou que “é especialmente grave” que se lle vaia ter que pagar unha indemnización a unha empresa que nunca chegou a prestar un servizo á cidade. En todo caso, as críticas máis duras viñeron da voz do concelleiro do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, que lamentou que CA “non fixera absolutamente nada” desde a sentenza de 2015 e vinculou o fallo xudicial ás “obsesións municipalizadoras” de Compostela Aberta.