Home Programas Espazo Aberto Os gañadores do II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal lerán o luns os seus textos na entrega dos premios

Os gañadores do II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal lerán o luns os seus textos na entrega dos premios

0
Os gañadores do II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal lerán o luns os seus textos na entrega dos premios

A Real Academia Galega e PuntoGal distinguiron nove relatos de ata 200 palabras escritos por persoas de 11 a 75 anos. A segunda edición da convocatoria recibiu preto de medio milleiro de propostas. Os presidentes de ambas as institucións, Víctor F. Freixanes e Manuel González González, entregarán os galardóns nun acto aberto ao público no que tamén participarán os demais membros do xurado, a académica correspondente Mercedes Queixas, o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, e a xornalista Valeria Pereiras

Os microrrelatos gañadores, seleccionados entre preto de 500 propostas, poderán lerse nunha publicación dixital que estará dispoñible, tras a entrega dos premios, nas webs das dúas entidades convocantes. Alén da publicación dos microrrelatos, as nove persoas premiadas recibirán diferentes premios de perfil tecnolóxico, libros e, no caso dos primeiros e segundos premios de cada categoría, un dominio .gal gratuíto durante un ano.