Os Encontros Ao Vivo que organiza o Concello de Santiago mensualmente chegarán este sábado 25 de marzo á denominada zona Rural Norte ou sexa a Bando, Sabugueira, Carballal, Enfesta, Cesar, Barciela, Marantes, Nemenzo, Busto, Verdía, A Gracia, A Peregrina, Grixoa, Fecha e Santa Cristina. Os Encontros Ao Vivo son actos de rendición de contas do alcalde e de todos os integrantes do goberno municipal de Santiago coa cidadanía.
.@PazodeRaxoi No primeiro encontro #AoVivo, @martinhonoriega presentou o obxectivo dos encontros de rendición de contas https://t.co/k024URrOOY pic.twitter.com/QLOB5FE1HN
— Nós Televisión (@NosTelevision) 23 marzo 2017
En cada un destes encontros o alcalde e algúns dos membros do goberno fan unha introdución ao acto para explicar a súa actividade a xeito de Auditoría cidadá que logo se entrega aos asistentes. As persoas asistentes poden intervir preguntando ou facendo achegas ao Goberno municipal.
Máis información:
Chega “Encontros ao vivo”, o novo proceso participativo en Santiago