Continúa a celebración dos Encontros Ao Vivo impulsados polo Goberno Municipal de Santiago para que o alcalde e os concelleiros e concelleiras rendan contas en contacto directo coa veciñanza.
Neste mes de xullo os Ao vivo chegarán a Salgueiriños, en concreto á Casa das Asociacións de Benestar Social. Ao acto está convocada á veciñanza deste barrio, das Cancelas e do Meixonfrío e terá lugar ás 19:30h.
Como foi o evento anterior?
No pasado mes de xuño, cun encontro no Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga
O pasado venres 8 de xuño retomamos os encontros #AoVivo coa veciñanza de San Pedro e Almáciga. Os asuntos tratados xiraron en torno a mobilidade, as políticas sociais ou o mantemento. A veciñanza dos barrios partillou tempo e espazo co alcalde Martiño Noriega e o resto do goberno local.?Queres velo❓
Publicada por Pazo de Raxoi en Miércoles, 27 de junio de 2018
Vindeiros eventos
Despois da reunión do próximo venres na Casa das Asociacións de Benestar Social, está prevista a celebración de xuntanzas no Centro Cívico de Vista Alegre-Romaño, O Ensanche, Fontiñas, Cidade Vella, Pontepedriña, Vite e Sar. O Rural ao vivo comezará a partir do outono.