Home Programas Espazo Aberto Os delitos de abusos sexuais soben un 40% en Galicia e as agresións sexuais, un 12 por cento

Os delitos de abusos sexuais soben un 40% en Galicia e as agresións sexuais, un 12 por cento

0
Os delitos de abusos sexuais soben un 40% en Galicia e as agresións sexuais, un 12 por cento

O fiscal superior de Galicia, Fernando Suances, comparecía este mércores en sede parlamentaria para presentar a Memoria anual do Ministerio Público ante os grupos políticos.  Atendendo só aos procedementos xudiciais nos que compareceu Fiscalía dentro da área específica de violencia contra a muller, detéctanse 6.537 denuncias formuladas en Galicia durante o 2018.

Isto supón un aumento do 1,5% con respecto ao ano anterior. Das 1.318 sentenzas ditadas, o 25,4% foron absolutorias e o 74,6% condenatorias, un 34% por conformidade do acusado.

Por outra banda, e continuando coas violencias que se dirixen específicamente contra as mulleres, o grupo de delitos contra a liberdade e indemnidade sexual aumentou un 20,2 por cento, o que son 1.255 incoacións nos xulgados. Dentro desta cifra, atopamos un aumento do 12% no caso das agresións sexuais -con 383 casos ingresados- mentres que os abusos incrementáronse un 40,6% -con 467 delitos incoados-.

Dende a oposición puxeron en relevancia na comisión de delitos de violencia machista por parte de menores de idade á que consideran que cómpre prestar máis atención. Piden, ademais, facer fincapé nos grupos máis vulnerables que poidan sofrer ou convivir con agresores machistas como poden ser as crianzas.

Solicitan, ademais, unha maior protección das mulleres que deciden denunciar aos seus agresores nos xulgados.