Os problemas que xurdiron en Santiago ao inicio deste novo curso nos agora chamados Centros Cívicos coa implantación da nova contrata obrigaron á alcaldía a intervir. Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, explicou que a alcaldía participou na resolución destes problemas e mantivo contactos cos colectivos, coa empresa concesionaria, cos e coas traballdoras municipais, coas da contrata nova e cos diferentes responsables do contrato. Noriega explicou que, por exemplo, agora se está a negociar un convenio co persoal que pasou a depender desta nova concesionaria.
A principal novidade que deu a coñecer hoxe o alcalde foi a designación de varias persoas técnicas municipais que mudarán a estrutura de funcionamento actual para facela “unha estrutura cooperativa que reconduza asituación”.
“A intención é camiñar cara outro modelo”, asegurou o alcalde, “e que non volvan a darse estas situacións”.
Os Centros Cívicos, unha vez rematado o prazo de preeinscrición, teñen previsto comezar as actividades programadas o vindeiro 1 de novembro. A oferta dos mesmos é similar á de trimestre anteriores, con moitas actividades relacionadas coas novas tecnoloxías, a cultura e as artes e o benestar.