Home Programas Área Compostela Os Centros Cívicos de Compostela abren con máis horas e actividades dedicadas á cidadanía

Os Centros Cívicos de Compostela abren con máis horas e actividades dedicadas á cidadanía

0
Os Centros Cívicos de Compostela abren con máis horas e actividades dedicadas á cidadanía
Imaxe de arquivo

O Concello de Santiago aproveitou os cambios na xestión dos Centros Socioculturais para realizar unha reestruturación na función e o acceso destas infraestruturas municipais. A concelleira Concha Fernández explicou en rolda de prensa as novidades máis importantes neste tema que comezan polo seu cambio de nome.

A edil de servizos sociais presentou hoxe a programación da rede para o que resta de ano. Desde Raxoi decidiron manter a oferta de actividades nos centros que tiñan unha boa acollida por parte da veciñanza, así como a colaboración estable con máis dunha trintena de asociacións veciñais e colectivos diversos que veñen realizando as súas actividades los locais municipais.

ata o 14 de outubro, incluído, estará aberto o prazo para realizar a preinscrición nas actividades

Outra das novidades que demandaba a cidadanía era o incremento nos servizos que viñan prestando os agora Centros Cívicos. A concelleira de Centros Cívicos salientou que a programación “é moi ampla, con propostas que viñan tendo moi boa acollida por parte da veciñanza e con múltiples actividades en colaboración co tecido social e cultural de Compostela”.

Ata o 14 de outubro, incluído, estará aberto o prazo para realizar a preinscrición nas actividades que a rede de centros cívicos ofertará en novembro e decembro.

Concha Fernández convidou a través dos medios de comunicación a coñecer a tavés da web municipal as numerosas actividades e obradoiros que suman unha programación extensa de máis de 20 mil horas e na que participan máis de trinta entidades sociais.