Máis de 140 asociacións e colectivos da Península asinan un manifesto que esixe a fin dos campionatos e batidas de raposos en Galicia e, en concreto, o que terá lugar este sábado nos concellos lucenses de Portomarín, Guntín , Paradela e Monterroso.

O manifesto, que xa se lles entregou ás corporacións locais destes catro concellos, pide que os municipios amosen o seu rexeitamento a estes campionatos, como ocorreu en Poio, e soliciten á Xunta que non outorgue ningún permiso máis para estas matanzas no seu territorio. Nestes momentos, aínda se están engadindo mási asociacións.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As entidades destacan no documento os 75.000 raposos mortos nas últimas seis tempadas de caza en Galicia. “O raposo é un regulador necesario no medio natural, sanea as poboacións e limita a superpoboación doutros animais. Con todo, o seu papel no ecosistema é absolutamente ignorado por aqueles que deberían protexelo”, destacan. “Este acto de caza non só é inhumano e cruel, senón tamén é totalmente ilóxico e amosa unha enorme incomprensión e descoñecemento da ecoloxía básica”.

Entre os colectivos asinantes atópase a Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre, ADEGA, Verdegaia, Agrocuir, Aloia Protectora de Animales Tui, Amigos da Terra , Aministía Animal, Asociación LIBERA!, Asociación Monte Galego, Coa Crea, Lugo sen Mordazas, Modepén Lugo, Plataforma Auga Limpa Plataforma Como Eliminar os Eucaliptos de Galiza, Plataforma Salvemos a Comarca de Ordes, Plataforma Salvemos Catasós, Sindicato Labrego Galego, Equo ou En Marea.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -