Os Cantos de Taberna chegan á cidade vella de Compostela

O programa, impulsado polos Centros Cívicos, busca recuperar esta tradición popular galega

O ciclo de Cantos de Taberna volve este venres á cidade histórica. O programa, impulsado pola Concellaría de Centros Cívicos de Compostela, desenvólveo a asociación Muiñeiros do Sarela, que, ademais, contará coa participación da agrupación Vento Mareiro de Moaña.

A xornada de Cantos de Taberna segue o mesmo esquema de citas anteriores, cun obradoiro de cantos primeiro e co percorrido posterior polos establecementos de hostalería. A partir das 18:30 horas terá lugar o obradoiro, na aula gastrocultural da Praza de Abastos e dirixido por Alexandre Cadarso, membro dos Muiñeiros de Sarela.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A partir das 21:00 horas, as persoas que participen no obradoiro de cantos iniciarán, en dous grupos, o roteiro polos establecementos de hostalería da rúa do Franco, da Raíña, do Vilar e San Clemente. Está confirmada a participación de seis establecementos: Cotolay, A Fuego Lento, O’42, O Celme, ACDC e María Castaña.

Historia do programa Cantos de Taberna

O programa Cantos de Taberna naceu co obxectivo de recuperar esta tradición da cultura popular galega, que tivo o seu momento de esplendor nos anos 60 e que nos últimos anos se vén retomando en moitas cidades galega.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -