Home Programas Área Compostela Os bombeiros celebran o seu día cunha xuntanza cos grupos políticos do Concello

Os bombeiros celebran o seu día cunha xuntanza cos grupos políticos do Concello

0

O oito de marzo, ademais de ser o día Internacional das Mulleres, tamén o é para as e os bombeiros. É por iso que esta mañá, o corpo de seguridade reuniuse cos representantes dos grupos políticos do Concello. Nesta xuntanza tamén participou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e lembrou a importancia do traballo destes profesionais para toda a cidadanía

A despedida de Xesús Martínez

Noriega aproveitou a ocasión para adicar unhas palabras de despedida ao xefe do corpo de bombeiros, Xesús Martínez Sánchez, que este ano deixará o posto logo dunha longa adicación ao exercicio da profesión.

Logo da breve intervención do alcalde, houbo unha sobremesa na que os representantes dos partidos políticos e os bombeiros compartiron unhas palabras. Na xuntanza houbo, aproximadamente, 50 persoas.