A Secretaría Xeral de Política Lingüística quere dar a coñecer ás autoras e autores que lembran as Letras Galegas desde o inicio da súa celebración en 1963 entre acativada. Por este motivo os personaxes dos Bolechas iniciaron unha nova andaina coa colección “As miñas primeiras Letras Galegas dos Bolechas” que editará Bolanda co apoio desta institución. Esta iniciativa formou parte da variada oferta de promoción da nosa lingua que presentou no Culturgal o departamento que dirixe Valentín García.
“Todo me fala de ti”
Outra das iniciativas que presentou a Secretaría Xeral de Política Lingüística no Culturgal foi un novo videoclip que completa a homenaxe iniciada por Uxía e Magín Blanco en “Canta o cuco” e “Todo me fala de ti”, proxecto que viu a luz da man da Editorial Galaxia.
Este proxecto formou parte do programa de dinamización lingüística “FalaRedes 2016” nunha xira de 15 concertos en directo por outros tantos concellos da Rede de Dinamización Lingüística. A peza é tamén unha homenaxe á Cidade das Burgas e á súa xente miúda, xa que foi rodada alí entre abril e maio deste ano coa participación dos nenos e as nenas do Colectivo Re.creo.