Compostela Aberta organiza para o este luns 24 de abril na Sala Capitol ás 19:30 horas un encontro aberto no que participarán o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o alcalde de Valladolid, Óscar Puente. O acto, aberto ao público, quere servir de altofalante informativo das políticas de recuperación da xestión pública que están a realizar ambos municipios.
O acto quere servir de altofalante informativo das políticas de recuperación da xestión pública https://t.co/1hEGjwlvO1 pic.twitter.com/4UhsjptKLN
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 abril 2017
En relación aos procesos de remunicipalización dos servizos públicos e aos atrancos que atopan por parte da administración española, María Rozas, anunciou que o grupo municipal de Compostela Aberta presentará no vindeiro Pleno ordinario unha moción para saber cal é a opinión a este respecto por parte das formacións políticas da oposición.
Nesta moción propoñen rexeitar a interferencia do goberno do Estado, solicitar aos grupos políticos con represnetación nas Cortes que non o aproben e instar á Federación Española de Municipios e Provincias para que se manifeste tamén en contra.