Contra o “espectáculo lamentable do Partido Popular” reaccionaron hoxe, en conxunto, os alcades de Santiago, A Coruña e Ferrol ao mesmo tempo que amosaron publicamente o seu apoio á moción de censura contra o goberno de Mariano Rajoy
A indiferenza non é unha opción #MociónCiudadana #MociónCidadá pic.twitter.com/atuBrizeUZ
— Xulio Ferreiro (@XulioFerreiro) 02 maio 2017
As organizacións impulsoras da moción de censura fan un chamamento á cidadanía para mobilizarse contra un “goberno corrupto” e impedir que o Partido Popular continúe gobernando “un minuto máis”
#PoisIso #MociónCidadá #MociónCiudadana pic.twitter.com/0MYOPprwVz
— Martiño Noriega (@martinhonoriega) 02 maio 2017
Eu quero #MociónCidadá contra un goberno que rouba, minte e manipula. Fóra corruptos das institucións #MociónCiudadana pic.twitter.com/m3AdrpBQBp
— Jorge Suárez (@Jorge_Suarez_F) 02 maio 2017
Tamén o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, quixo amosar publicamente hoxe o seu apoio á moción de censura
Desde o grupo de En Marea no Congreso dos Deputados anunciaron o inicio de conversas con organizacións sociais galegas para conseguir novos apoios á moción de censura. Esta mesma mañá mantiveron en Compostela un encontro con organizacións sindicais galegas