Os alcaldes de Compostela e Valladolid a prol da remunicipalización de servizos

As políticas de recuperación dos servizos públicos privatizados serviu como xustificación para que se atoparan en Santiago dous alcaldes de moi diferente signo ideolóxico. A sala Capitol de Compostela, reconvertida en foro de debate, acolleu un encontro distendido e aberto ao público entre o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o alcalde de Valladolid, o socialista Óscar Puente.

Ambos alcaldes coincidiron ao longo do faladoiro en reivindicar a posibilidade de recuperar o campo perdido polas restrictcións que lles chegan desde Madrid. Compostela Aberta presentará no vindeiro Pleno ordinariounha moción na que proporán en relación a este tema rexeitar a interferencia do goberno do Estado, solicitar aos grupos políticos con representación nas Cortes que non o aproben e instar á Federación Española de Municipios e Provincias para que se manifeste tamén en contra.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego