Na tarde de onte, os Alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol iniciaron en Compsotela unha rolda de contactos coa intención de acelerar o proceso de escolla do candidato ou candidata á Presidencia da Xunta para as vindeiras eleccións galegas.
A primeira das xuntanzas realizadas foi con alcaldes e alcaldesas de vilas que se queren sumar ao proceso. Segundo manifestou esta mañá Martiño Noriega, en rolda de prensa, hoxe mesmo continuaron as conversas.