
A Fiscalía Xeral do Estado vén de presentar a Memoria Anual relativa ao ano 2018 no que se detalla como a sinistralidade laboral continúa aumentando. En concreto, os accidentes laborais mortais subiron un 4,5% ao sumar 22 casos máis con respecto ao ano anterior. Se falamos de accidentes laborais graves, a suba é de 121 casos polo que a porcentaxe queda en 3,2% e, finalmente, os accidentes laborais leves incrementáronse en 16.145, o que supón un ascenso do 3,2 por cento.
Ao mesmo tempo, a Fiscalía Xeral do Estado tramitou un total de 152 procedementos por homicidio en accidente laboral, 38 menos que os 190 realizados en 2017. Respecto aos procedementos incoados por delito de risco ao que se expón ás traballadoras, a Fiscalía apunta á unha diminución de 834 procedementos ata os 532 rexistrados en 2018.
Galicia
No pasado mes de abril, Comisións Obreiras publicaba un estudo no que sinalaba que Galicia está á cabeza do Estado en tanto aos sinistros laborais mortais chegando aos 3,24 sinistros mortais por cada 100.000 traballadoras. En concreto, en 2018, perderon a vida en accidentes laborais 56 persoas en Galicia.