Tras o conflito desatado con respecto ao Monte Neme, as organizacións ecoloxistas denuncian que esta é só a punta do iceberg do que sucede en Galicia con respecto á minería extractiva. As denuncias diríxense cara a Xunta á que acusan directamente de incumprir os plans de restauración mineira logo de que as empresas abandonen a zona sen facerse cargo da contaminación que deixan ao seu paso na contorna.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Dende a Plataforma Mina de Touro-O Pino NON destacan que o experto en seguridade mineira, Steven Emerman, advertíu hai unhas semanas durante a súa visita a Galicia da perigosidade destas prácticas para a saúde da poboación e da propia terra.

Con estas denuncias, apuntan a que non se trata só do Monte Neme onde a cor turquesa das augas chamou a atención dos ‘instagramers’ que acudiron á zona a tirar fotos, e incluso bañarse, pese os carteis que indican da súa perigosidade e ante unha Administración que non drenou as balsas pese as insistentes peticións dende organizacións ecoloxistas e políticas, senón que vai máis aló. As organizacións ecoloxistas e medioambientais sinalan directamente a que situación como as do Monte Neme son consecuencia das políticas da Xunta. “Facelo así é comprar moitos boletos na lotería do desastre ambiental”, destacan dende Verdegaia.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -