Home Programas Espazo Aberto Ordes, en pé de guerra contra o auxe de proxectos perigosos e contaminantes

Ordes, en pé de guerra contra o auxe de proxectos perigosos e contaminantes

0
Ordes, en pé de guerra contra o auxe de proxectos perigosos e contaminantes

Este domingo 30 de setembro ás 12:30 horas Ordes acollerá a que baixo o lema “Aire, auga e terra limpos” convocaron diversos colectivos da comarca, unidos ante o desafío masivo da industria perigosa e contaminante.

Convocan a mobilización as plataformas ‘Non aos parques eólicos na comarca de Ordes, Asociación A Picota de Trazo, Comisión de Seguimento da Minaría e Defensa do Rural de Mesía e Asociación de Afectad@s polo Vertedoiro de Lesta.

Convocatoria unitaria

Unha problemática en aumento

Leandro del Rio, membro da Plataforma en Defensa da Comarca de Ordes, explícanos que a problemática na zona vén de vello, comezou con Meirama e as liñas eléctricas a Mesón do Vento.

O apoio social e dos concellos a estas protestas é moi forte, como explica Leadro del Rio. Nas diferentes accións que se realizaron ata o de agora recolleron milleiros de sinaturas e contra os eólicoas xa amosaron o seu apoio os concellos de Mesia, Ordes Oroso.