Home Programas Área Compostela Ordes, ameazado pola industria contaminante

Ordes, ameazado pola industria contaminante

0
Ordes, ameazado pola industria contaminante

As e os veciños da Comarca de Ordes levan meses amosando a súa preocupación polos emplazamentos e proxectos de empresas que contaminantes e que ameazan a supervivencia do noso medio. Minaría, parques eólicos ou vertedoiros de lixo; todos eles a moi pouca distancia.

A comarca está totalmente saturada

Agora, por primeira vez, unha iniciativa une  a varias organizacións cidadás cun mesmo obxectivo, que a comarca conte con “Aire, Auga e Terra Limpas”. Así é, diversos colectivos fan un chamamento unitario para participar este vindeiro domingo 30 de setembro nunha concentración cidadá que terá lugar desde as 12:30h no Parque Municipal de Ordes.

O obxectivo da mobilización non é outro que o de denunciar e chamar a atención sobre as fortes agresións que poderían supor os parques eólicos proxectados por unha compañía de capital saudí atravesando a comarca; as novas liñas de alta tensión proxectadas; o novo vertedoiro de residuos industrias de Lesta e a actividade mineira de extracción de seixo que Erimsa pretende ampliar en Mesía e Frades. O movemento ecoloxista da comarca denuncia, polo tanto, que a comarca está sendo agredida desde o punto de vista ambiental, social, sanitario e económico.

As e os veciños claman agora contra a “rapiña depredadora empresarial” que pon en perigoo futuro da comarca. Alertan tamén que as “últimas leis impulsadas pola Xunta” facilita o camiño para que os grandes proxectos empresariais poidan instalarse nunha comarca con máis de 35.000 habitantes pero cuxos efectos negativos poderían chegar a Compostela a través do río Tambre

Unha comarca ameazada

Os colectivos convocantes chaman a todas as persoas a asistir ao acto con espigas de millo, para erguelas en símbolo do aire, auga e terra limpas que reclaman para a comarca e para toda Galicia.