“A fenda dixital está enriba da mesa”, sostén o secretario de acción sindical na CIG-Ensino. Diego Boquete considera que “a teleformación non é a solución” e fai fincapé en que, precisamente, esta opción fomenta a fenda de clase e a fenda dixital entre o alumnado. O integrante da CIG-Ensino chama ao profesorado a teren en conta que as rapazas e os rapaces se atopan confinados nas casas, sen poder saír e desafogar: “non hai necesidade de meterlles máis presión“. Neste sentido, critica que a Consellería de Educación obrigue a sacar as notas no segundo trimestre elevando o estrés das crianzas nas casas. Por último, Diego Boquete esixe que o Goberno galego clarifique todo o relacionado coas oposicións e denuncia que a Consellería non estea cubrindo as baixas do profesorado dende que comezou a situación de confinamento pola expansión do coronavirus.
Home Programas Espazo Aberto Oposicións incertas, estrés, falta de substitucións, presión e fenda dixital na educación