A oposición volve centrar as súas críticas na xestión de Feijóo

Tarifa eléctrica, oferta pública de emprego e os prestamos á Xunta centran as preguntas da oposición a Feijóo

Na sesión de hoxe no Parlamento galego o presidente do goberno, Alberto Núñez Feijóo, tivo que responder ás preguntas dos partidos da oposición que se interesaron pola tarifa eléctrica galega, a oferta pública de emprego e os prestamos á Xunta cos seus xuros correspondentes.

- Publicidade -

O BNG volve centrar o seu discurso na necesidade dunha tarifa eléctrica galega


A portavoz do BNG, Ana Pontón, instou ao presidente da Xunta a liderar a demanda dunha tarifa eléctrica galega para “que as familias e as empresas se beneficien do feito de ser Galiza produtora excedentaria de enerxía cunha tarifa eléctrica galega que abarate a factura da luz”.

O PsdeG-PSOE propuxo a Feijóo, na súa quenda de preguntas, que se adiante ao goberno español nas propostas de emprego público. O seu voceiro, Xoaquín Fernández Leiceaga, falou da precariedade que vive unha parte importante da poboación galega e da falta de iniciativa do goberno galego nesta materia.

En Marea critica que o Goberno de Feijóo solicitara préstamos bancarios privados

En Marea preguntou, a través do seu portavoz Luís Villares, as razóns polas que o goberno de Feijóo optou no seu momento a pedir préstamos a entidades privadas e non quixo optar aos préstamos públicos moito máis rendibles polos seus xuros máis baixos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego