A oposición unida nas súas críticas contra os cambios anunciados por Martiño no goberno municipal

As mudanzas no goberno de Compostela non gustan na oposición

Os tres grupos da oposición, PP, PSOE e BNG, compareceron minutos despois do anuncio do alcalde para facer unha valoración dos cambios anunciados por Martiño Noriega. O voceiro do PP no concello, Agustín Hernández, parabenizouse do anuncio de que a concelleira Branca Novoneyra poda volver ao goberno en setembro e criticou a remodelación do goberno ao tempo que quixo distanciarse do BNG e do PSOE, afirmando que o PP é a única oposición a Martiño Noriega.

BNG: “O alcalde tiña unha oportunidade de ouro para corrixir o mal funcionamento do Goberno de Compostela Aberta”

O voceiro do BNG no concello, Rubén Cela, explicou que lle parece insuficiente a remodelación do goberno e que el iría máis alá facendo unha reestruturación total do conxunto da plantilla municipal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Paco Reyes cualifica como “cambio de cromos” a reorganización

Paco Reyes: “O que decide facer o alcalde é botar fóra aos funcionarios que o molestan”

O portavoz do grupo socialista rexeitou os argumentos ofrecidos polo alcalde indicando que Noriega “culpa a todo o mundo de todo, menos a Compostela Aberta e a si mesmo” e defendeu o posto da funcionaria Berta Rosón. Ademais, o PSOE segue insistindo en que non ten constancia de ningunha proposta para sumarse ao goberno.

Agustín Hernández quere distanciarse do PSOE e do Bloque: “O PP é a única oposición”

O voceiro do PP no concello, Agustín Hernández, parabenizouse do anuncio de que a concelleira Branca Novoneyra poda volver ao goberno en setembro e criticou a remodelación do goberno ao tempo que quixo distanciarse do BNG e do PSOE, afirmando que o PP é a única oposición a Martiño Noriega.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -