Home Programas Área Compostela A oposición critica a “inacción” de Rueda no conflito cos traballadores da Xustiza

A oposición critica a “inacción” de Rueda no conflito cos traballadores da Xustiza

0
A oposición critica a “inacción” de Rueda no conflito cos traballadores da Xustiza

As negociacións entre a Xunta e as traballadoras e traballadores da Xustiza seguen nun punto morto. A semana pasada, o presidente Núñez Feijóo aseguraba ter presentado unha oferta “única” e “inmellorable” para resolver o conflito, acusando a este sector en folga de “non querer acadar unha solución”.

Os tres partidos da oposición esixen explicacións a Alfonso Rueda

Este luns, os tres partidos da oposición acordaron presentar unha solicitude para que o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, compareza no Hemiciclo e “explique” os motivos polos que o Goberno galego aínda non resolveu unha crise que mantén “paralizados” os xulgados. Ana Pontón, líder do BNG, lamentou a “prepotencia” con que Rueda está a tratar este asunto.

Ana Pontón: “O PP non é parte da solución, senón do problema”

 Rueda debe dar a cara

A formación nacionalista pedirá tamén que o Consello Galego de Relacións Laborais exerza de intermediario entre as dúas partes. O voceiro do Partido Socialista no Parlamento, Xoaquín Fernández Leiceaga, lembrou que a devandita mediación do Consello ía “ben encamiñada”, mais a Xunta “desautorizouna”. Con todo, Leiceaga considera fundamental que Alfonso Rueda “dea a cara”.

Pola súa banda, Luís Villares, voceiro do grupo parlamentario de En Marea, lamentou que o encargado de dirixir as negociacións, José María Barreiro, “mande á emigración aos seus cidadáns e traballadores”. Para Villares, esta é unha falta “moi grave” que debería supor o “cese” do letrado como mediador no conflito.