A oposición crítica co discurso de Feijóo

Valoracións da oposición ao discurso de Núñez Feijóo

Tras o discurso de Alberto Núñez Feijóo no Parlamento galego as diferentes formacións políticas representadas na cámara interpretaron de diferente maneira as palabras que abriron o Debate de Investidura. Para o Partido Popular as palabras do seu presidente formaban parte dun “discurso axeitado ao cambio de ciclo económico”.

- Publicidade -

Por parte da oposición, o común denominador foi a crítica.

Luís Villares, portavoz de En Marea, opina que Feijóo parte dunha “mala diagnose á que engade promesas falsas”. Pola outra banda, Xaquín Fernández Leiceaga, Portavoz do PSdeG-PSOE, afirma que para el o discurso foi “decepcionante con boas palabras mais sen ningunha proposta”. Finalmente, a voceira do Bloque, Ana Pontón, tamén foi moi dura co discurso de Feijóo. Para a nacionalista, o candidato do PP sofre do “sindrome de Monte Pio, inmobilista e alonxado da realidade”.

As catro formacións políticas terán oportunidade de responder ao discurso de Alberto Núñez Feijóo na vindeira sesión do Parlamento Galego.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego