A oposición compostelá analiza os Orzamentos da Xunta en Santiago

Decepción entre o PSOE e o BNG e conformidade no PP polos orzamentos da Xunta cara Compostela

A decepción ante a xestión dos orzamentos por parte da Xunta de Galicia, así como as baixas cifras que lle tocarán á cidade compostelá, deixan de manifesto a política de recortes do Goberno Autonómico e as prioridades deste.

- Publicidade -

Entre os partidos da oposición, o voceiro municipal do PSdeG- PSOE, Paco Reyes e o voceiro do BNG, Rubén Cela, lembraron os esquecementos dende a Xunta cara a nosa cidade. Unha nova EOI ou o Centro de Saúde do Conxo foron algúns dos reclamos por parte de ámbolos partidos. Actuacións que, para os dous, son prioritarias. Pola súa banda, o voceiro do PPdeG, Agustín Hernández, considera que os orzamentos recollen tódolos compromisos adquiridos polo Presidente da Xunta, Núñez Feijoo.
Dende o BNG, Rubén Cela indicou que as políticas de vivenda deberan ser obxecto primordial do Goberno. Ademais, afirmou en rolda de prensa que o trato que se lle dá á cidade de Compostela non é en calidade de capital, senón dunha “cidade máis do montón”. Por outro lado, Paco Reyes quixo salientar que a cifra que o Goberno da Xunta de Galicia proporcionará a Santiago non chega nin a 14 millóns de euros.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego