Home Programas Área Compostela “Onde a Xunta ve cifras, nós vemos aos nosos fillos e fillas”

“Onde a Xunta ve cifras, nós vemos aos nosos fillos e fillas”

0
“Onde a Xunta ve cifras, nós vemos aos nosos fillos e fillas”

A ANPA do IES de Brión continúa as mobilizacións para esixir que a Consellaría de Educación responda ás súas demandas de máis profesorado para o centro. Pais e nais reclaman un total de tres prazas de persoal interino paramellorar a oferta e manter as mesmas asinaturas que en anos anteriores. Pais e nais concentráronse diante do centro xunto á CIG-Ensino e CCOO logo dunha “reunión informal” con Román Rodríguez e convocan manifestación para este venres

Membros da ANPA mantiñan hoxe unha “reunión informal” co responsable deste departamento, Román Rodríguez, da que saíron sen ningún tipo de compromiso excepto unha nova reunión co inspector xefe territorial. A cambio reclamaba que o alumnado voltara ás aulas.

Mediación da Valedora do Pobo

Nas últimas horas, representantes da ANPA mantiveron tamén un encontro coa coordinadora da Oficina da Valedora do Pobo, que se amosou receptiva a mediar diante da administración sobre a situación no IES DE BRIÓN, á espera do que aconteza nos vindeiros días.

Dos “oídos xordos” do Conselleiro de educación ás rúas: as nais e pais de Brión convocan manifestación en Santiago. O peche das familias no centro cunpre hoxe a xornada número 12 e, segundo o acordado na asemblea, mantense de xeito indefinido. Esta mañá ás aulas baleiras do IES de Brión acudiron tan só 19 alumnos e alumnas.

“Na man da Consellería está que volva a normalidade ó IES de Brión”

Manifestación en Compostela

Segundo sinalan desde a ANPA, a CIG e CCOO haberá concentracións diarias ata este mesmo venres cando convocarían unha manifestación que remataría diante da propia Consellaría nos edificios adminitrativos de San Caetano este mesmo venres 28 de setembro.

“Na man da Consellería está que volva a normalidade ó IES de Brión”, apuntan desde a ANPA nun comunicado, “porque dese departamento é a decisión de dotar ó noso centro do profesorado necesario para que non se perda a atención á diversidade ou se poidan evitar aulas masificadas”.