A sátira foi o medio que empregou o alcalde de Oleiros e o seu goberno para denunciar diante das instalacións da Xunta na Coruña e cun video posterior da acción o que denominan “burrocracia” da administración galega no tema do transporte público ás praias de Santa Cristina.
Ángel García Seoane asegura que “é lamentable que desde abril, estando todos de Xunta, Concello da Coruña, Concello de Oleiros e Compañía de Tranvías de acordo, os cidadáns sigan sen poder utilizar o transporte público para ir á praia de Santa Cristina”. En concreto fala da liña do bus urbano da Coruña 1A.
Segundo informan fontes municipais o pasado 20 de abril o Concello propuxo a creación dun servizo de transporte público ás praias de Oleiros durante o verán desde os municipios da Coruña, Cambre e Culleredo para mellorar a mobilidade nas estradas. Aínda que en Cambre e Culleredo a empresa que ten a concesión se negou a realizar o servizo, no caso da Coruña si que existe acordo entre todas as partes desde o día 11 de maio