Olaxonmario bota man da retranca para desmontar o “orgullo hetero”

Olaxonmario comenta no seu novo vídeo o Straight Pride: "Pero se xa hai orgullo hetero! Que é o rally de Noia?"

Esta fin de semana celebrouse en Boston o desfile do Orgullo Hetero “para loitar polos dereitos dos heteros”, que consideran unha “maioría oprimida”.

Como moitas outras, Olaxonmario non acaba de entender esta tolemia: “Pódesme explicar o mérito de pertencer á categoría humana dominante? De que vai isto? Por que non baixades á rúa sen que ninguén vos diga nada?”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Coa retranca que o caracteriza, conclúe: “Pero se xa hai orgullo hetero! Que é o rally de Noia? Ou o Barça-Madrid?”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -